Fundación Esplai convoca un concurso de guións enmarcado no programa “E ti,Como controlas?”, unha actividade que busca sensibilizar á cidadanía sobre hábitos e-saudables e no uso do tabaco e o alcol, a través da creación e difusión de vídeos-anuncio creados por xente nova
Grupos de mozos e mozas de entre 15 e 18 anos poderán presentar os seus guións sobre as consecuencias dun uso negativo das tecnoloxías e internet, o consumo de alcol e tabaco. Os guións seleccionados contarán cun equipo profesional para a gravación dun vídeo-anuncio. Posteriormente, presentaranse no Festival “MOCIDADE COMPROMETIDA FILM FESTIVAL”, unha mostra de curtos que organiza a Fundación Esplai.
Máis información e Inscricións en FUNDACIÓN ESPLAI