A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, como entidade integrante da Rede Eusumo, organiza a seguinte actividade formativa: INNOVACIÓN EN MARKETING E VENTAS: NOVOS XEITOS DE CHEGAR AO MERCADO NO EIDO DA ECONOMÍA SOCIAL
Datas: 14 e 24 de febreiro e 3 de marzo de 2022
Horario: de 09:00 - 14:00 h
Modalidade: presencial
Lugar: Cámara de Comercio de Santiago, Viveiro de empresas, Rúa da República Checa, 40, Polígono de Costa Vella, Santiago de Compostela
Duración: 15 horas
Obxectivos: Transmitir a importancia do novo cambio de paradigma nas empresas que dende a pandemia da Covid-19 están a prestar cada vez máis atención a dixitalización e aplicación de ferramentas de dixitalización as empresas de economía social, cooperativas, pemes e autónomos.
No taller traballarase en cómo aplicar a dixitalización no sector e no eido de negocio concreto, aplicando o marketing dixital, o que se traduce nunha mellora das ventas.
Contido formativo:
O novo paradigma dixital, aplicacións no eido da economía social
Novos modelos de negocio híbridos (tradicional+dixital)
A estratexia dixital. Como atraer ao meu cliente dixital?
Fases e implementación da estratexia
Social selling. Atracción en RRSS. Onde está o meu cliente?
Proposta de valor. Como diferenciarme e ser percibido como único no mercado?
Automatización. Sistemas automatizados de captación de clientes.
Máis información e inscricións: eusumo.gal