Reiníciate: enfoca o teu futuro

02 Feb 2022

Reiníciate: enfoca o teu futuro, é un programa de emprego xuvenil dirixida á mocidade de entre 16 e 30 anos da provincia de Lugo en situación de desemprego e inscrita no Sistema de Garantía Xuvenil.

O Reiníciate inclúe ata tres meses de prácticas non laborais remuneradas. O alumnado poderá completar a súa formación tanto en empresas como en asociacións da provincia cobrando uns 700€ ao mes durante este período.

A formación está dirixida, principalmente, á adquisición de coñecementos e tarefas vencelladas ás novas tecnoloxías, á dixitalización e á administración electrónica. Os contidos das 23 accións centraranse nas ramas de: community manager e márketing dixital, xestión informática para pemes e asociacións, xestión informática para licitacións públicas, xestión comercial e redes sociais.

Estes programas estanse a impartir de maneira semipresencial, co obxectivo de facilitar que o alumnado poida recibir formación dende calquera punto da provincia, dándolles un trato personalizado e fomentado o traballo en equipo.

As inscricións pódense facer na web https://empleojovenlugo.es/