Entra no Instagram de xuventude (@xuventudegalicia) e participa no sorteo dunha estadía de 2 noites para 2 persoas na Casa de las Rocas da Ribeira Sacra.
O sorteo comeza ás 13.00 horas do 10.11.2021 e remata ás 12 horas do 25.11.2021.
Poden participar todas aquelas persoas mozas galegas con carné xove en vixencia.
Para participar no sorteo só tes que:
- Subir unha Story a Instagram dalgún produto/servizo adquirido co desconto do #CarnéXove.
-Utilizar o cancelo (hashtag) #CarnéXove, mencionar a @xuventudegalicia e indicar o nome do establecemento/marca adherido ao Carné Xove onde se fixo a compra (se ten Instagram, tamén se pode mencionar).
- Facer captura da participación e enviarlla a @xuventudegalicia vía mensaxería privada de Instagram.