I Certame Nacional de Arte de Socuéllamos "Carmen Arias"

26 Out 2021

O Concello de Socuéllamos convoca o I Certame Nacional de Arte de Socuéllamos "Carmen Arias" nas disciplinas de Fotografía, Pintura, Debuxo e Escultura.

Fotografía: O tema das obras será libre, as fotografías deberán ir impresas en papel de calidade fotográfica, con tamaño mínimo de 20x30 cm, soportadas en soporte ríxido.

Pintura: O tema e a técnica serán libres, as dimensións máximas serán de 200x140 cm e deberán presentarse convenientemente montadas para a súa exposición.

Debuxo: O tema e a técnica serán libres, as dimensións máximas serán de 200x140 cm e deberán presentarse convenientemente montadas para a súa exposición.

Escultura: O tema e a técnica serán libres, as dimensións da obra non excederán de 230 cm. de altura e 130 cm. de ancho. non superando tampouco o 60 kg. de peso. Deberán presentarse convenientemente montadas para a súa exposición.

Para participar, as persoas interesadas deberán presentar os traballos (ou remitirse libre de gastos) xunto á documentación requirida, no Centro Novo de Socuéllamos. Cada participante poderá presentar un máximo de tres obras.
I Certame Nacional de Arte de Socuéllamos "Carmen Arias" Categoría:______ .
Centro novo de Socuellamos,
C/ Jacinto Guerrero, 12.
13630 Socuéllamos
Ciudad Real.

As obras deberán ser orixinais e non premiadas en ningun outro concurso, debiendose entregar cun adhesivo no reverso da mesma que conteña o título e modalidade, co pseudónimo elixido, carenciendo de calquera detalle que puidese desvelar a identidade do autor.

En sobre á parte, en cuxo exterior se repetirá título e modalidade, co pseudónimo e que incluirá a seguinte documentación:
- Folla de inscrición debidamente cuplimentada e asinada xunto coa declaración xurada.
- Fotocopía do DNI ou tarxeta de identidade/pasaporte.
- En caso de menores de idade, autorización de participación.
- Calquera outro tipo de documentación específica que se esixa para cada un dos concursos do Certame.

As persoas interesados deberán presentar os traballos xunto á documentación requirida, ata o venres 3 de decembro de 2021.

Coas obras seleccionadas polo xurado realizarase unha exposición entre os días 17 de decembro de 2021 e 9 de xaneiro de 2022.

Requisitos: trer cumpridos os 16 anos de idade a data de finalización do prazo de presentación das obras. Ser residentes en España no momento da publicación das presentes bases. En caso de menores de idade, autorización do pai, nai ou representante legal para a participación no concurso.

Premios:
- Categoría Nacional: 1ª 3.500 euros. 2º 3.000 euros
- Categoria Mozos Creadores (artistas con idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos de idade). 1º 1.600 euros. 2º 1.200 euros.
• Categoria Local: 1º 800 euros. 2º 600 euros.

O xurado eligirá as 100 mellores obras que participarán na exposición.

https://socuellamos.es/sites/default/files/filemanager/files/CERTAMEN%20ARTE%20BASES%20web.pdf