Concurso internacional de deseño de moda de BIAAF

26 Out 2021

O concurso internacional de deseño de moda de BIAAF, Bilbao International Art & Fashion, está dirixido a deseñadores/as emerxentes de todo o mundo de entre 18 e 35 anos, ten unha periodicidade bienal e conta coa colaboración e especial asesoramento de profesionais de prestixio nos ámbitos da moda e a cultura.

O tema do concurso é libre, aínda que os traballos presentados deberán achegar como valor engadido algunha relación co mundo da arte desde o punto de vista histórico ou creativo, pola súa propia inspiración ou por referencias concretas: estampados de teas, formas, detalles.

O Xurado valorará especialmente a creatividade, capacidade de innovación e experimentación, sustentabilidade tanto polos materiais como polos procesos utilizados, así como perfeccionamento no acabado dos traballos presentados.

Os participantes poderán presentarse en dúas categorías distintas:
- Categoría A: Deseño de pezas de vestir.
- Categoría B: Deseño de complementos.

As inscricións estarán abertas ata o 15 de decembro de 2021.

Dotación
- 10.000 euros ao primeiro clasificado na Categoría A "Deseño de pezas de vestir".
- 10.000 euros ao primeiro clasificado na Categoría B "Deseño de complementos".
- 5.000 euros ao mellor traballo presentado por un deseñador que desenvolva a súa actividade na Comunidade Autónoma Vasca, independentemente da categoría á que se presente. 

https://biaaf.com/concurso.php?idioma=es