European Info Day Spain - Ireland

01 Out 2021

EURES España e EURES Irlanda están a organizar un taller EN LIÑA dedicado a vivir e traballar en Irlanda o xoves 15 de outubro ás 11.00 horas.

Este evento é parte dos European Job Days que están organizados por EURES (Rede Europea de Servizos de Emprego) e a Comisión Europea.

Trátase de Feiras sobre Emprego, tanto en formato online como presencial, que poñen en contacto aos solicitantes de emprego cos empregadores doutros países europeos. Os participantes tamén reciben información práctica e consellos dos asesores EURES e outros profesionais do emprego sobre como vivir e traballar no estranxeiro.

Información e Inscricións no seguinte enlace: European Info Day Spain

Máis información sobre próximos eventos en: European Job Days