A Cámara de Comercio de Santiago e a Fundación INCYDE organizan un curso de CREACIÓN E CONSOLIDACIÓN DE EMPRESAS EN LIÑA que comeza o 4 de outubro de 2021.
Trátase dun programa en liña e totalmente GRATUÍTO.
Duración: 6 semanas, 10 horas lectivas á semana. (luns, mércores e xoves de 16:00 a 19:00 hs ) Clases EN LIÑA a través de ZOOM e unha hora de titoría individual á semana segundo a vosa dispoñibilidade.
Requisitos: Ser menor de 30 anos, non estar a estudar nin traballando e ser BENEFICIARIO/A do Sistema Nacional de Garantía Juvenil.
As inscricións pódense realizar nesta LIGAZÓN ou no teléfono 663064806.