CURTOCIRCUÍTO 2021_ XVIII Festival Internacional de Cine

24 Set 2021

O Festival Internacional de Cinema de Santiago de Compostela CURTOCIRCUÍTO celebra a súa 18ª edición entre os días 2 e 10 de outubro. O festival está organizado polo Concello de Santiago de Compostela e financiado, entre outros, pola Deputación da Coruña, AGADIC e ou ICAA.

Venda de entradas:

A entradas estarán á venda a partir do venres 24 de setembro, tanto en compostelacultura.gal como de xeito físico na Zona C (Preguntoiro, 1 - Praza de Cervantes).

En liña: Recoméndase a adquisición en liña de todas as entradas do festival a través da plataforma compostelacultura. gal

Zona C - Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes): entradas para todas as proxeccións e eventos do festival, sexa cal for o seu emprazamento. Horarios: de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Domingos de 11.00 a 14.00 h. Teléfono: 981 54 24 62

Teatro Principal: entradas para todas as proxeccións e eventos do festival, sexa cal for o seu emprazamento. Horarios: durante a celebración do festival (do 2 ao 10 de outubro) desde unha hora antes do inicio da primeira sesión ata o inicio da última sesión de cada día. Teléfono: 981 542 349

NUMAX: entradas só para as proxeccións que teñan lugar nesta sala. Horario de luns a sábado (excepto martes), de 10.30 a 14.00 e de 16.00 a 20.30 h. Martes de 16.00 a 20.30 h. Para proxeccións fóra deste horario abrirase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio. Teléfono: 981 560 250

Información práctica:

As seccións Radar, Explora e Penínsulas poderanse ver en liña na plataforma Filmin entre os días 2 e 10 de outubro en territorio español.

Se xa estás subscrito a Filmin, podes ver toda a programación en liña a través da canle de Curtocircuíto na devandita plataforma.

Proxeccións:

Proxeccións Teatro Principal, Salón Teatro e Numax: 3 €

Abono para todas as proxeccións: 14 €

Concertos e espectáculos:

Verde Prato + CRNDS + Álvaro Chior A/V + Fransy González: 7 €

Dá Rocha + Beira Fauna: 7 €

Artur M Puga + Cruhda + Adataberna A/V: 7 €

Ivankovà + Severine Beata + Loopitas A/V: 7 €

 

Enlace á web do Festival