Premio literarios Pinto e Maragota pola visibilización e dignificación da diversidade sexual e de xénero

24 Set 2021

O concello de Pontevedra convoca os premios literarios Pinto e Maragota en colaboración con Edicións Xerais de Galicia, para a visibilización e dignificación da diversidade sexual e de xénero.

Poderá concorrer calquera autora ou autor, de calquera nacionalidade, maior de idade, que presente unha obra escrita en lingua galega conforme á normativa oficial establecida pola Real Academia Galega.

As obras presentadas deberán ter presente no seu argumento, como temática principal ou transversal, a diversidade sexual e de xénero: orientación sexual e/ou identidade de xénero.

O xénero literario das obras presentadas poderá ser novela, teatro ou poesía, tanto para público infantil, xuvenil como adulto.

No caso de optar por novela ou obra dramática para o público adulto, o texto deberá ter un extensión total mínima de 90.000 caracteres con espazos. No caso de poesía para público adulto, sería un mínimo de 500 versos, de forma libre.

Cada autor ou autora poderá presentar cantas obras quixer, en envíos separados.

Premio: 3000 €

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 4 de novembro de 2021.
Máis información no BOP de Pontevedra do 22 de setembro de 2021