Auga limpa

17 Set 2021

A Entidade Metropolitana de Servizos Hidráulicos (Emshi) convoca a I edición dos Premios Emshi baixo o lema “Auga limpa”, que inclúen as categorías de Xornalismo, Fotografía e Poesía.

Estes galardóns nacen co obxectivo de fomentar a divulgación sobre os procesos de fornecer auga para consumo humano e para contribuír na concienciación de facer un uso responsable deste recurso escaso e moi valioso. Tamén teñen cabida nos Premios Emshi os traballos baseados en enxeñería, técnicas ou tecnoloxías respectuosas co medio ambiente e empregadas en calquera dos procesos de captación, potabilización ou entrega aos depósitos de auga municipais.

O lema do concurso é: “Auga limpa” e terase en conta a posta en valor da auga potable, o acceso a este recurso e/ou a tecnoloxía para obtela.

A categoría de Xornalismo recoñecerá o traballo xornalístico que en opinión do xurado mellor reflicta algún destes procesos (ou todos eles): captación, potabilización, distribución e consumo responsable de auga e os métodos innovadores que se están aplicando en calquera das fases de auga potable desde unha perspectiva de respecto ao medio ambiente.

Os premios de Poesía galardoarán o poema ou conxunto de poemas con maior calidade literaria e que en opinión do xurado mellor reflicta ou reflictan nos seus versos a necesidade de dispoñer de auga potable e de facer un consumo responsable.

En canto a Fotografía, valorarase o poder e a forza da imaxe e premiarase a foto que en opinión do xurado mellor reflicta a necesidade de dispoñer de auga potable para a vida das persoas.

O prazo de presentación acaba o 20 de outubro de 2021.

As tres categorías están dotadas con 2.000 euros para o gañador ou a gañadora de cada unha delas.

BASES