Obradoiros de Fotografía Luís Ksado

09 Set 2021

Aberto o prazo de inscrición para participar nos dous obradoiros de fotografía da programación do premio Luís Ksado de Creación Fotográfica. Os dous obradoiros terán lugar no Centro Ágora da Coruña


Os obradoiros, que están coordinados polo fotógrafo Xurxo Lobato, son de balde até completar a capacidade de 250 persoas para cada sesión. O obradoiro impartido por Tino Soriano terá lugar o 30 de setembro de 16h a 20h, e o de Lúa Ribeira terá lugar o 6 de outubro, tamén de 16h a 20h.

En ambos os dous casos o prazo de inscrición pecharase o día anterior (o 29 de setembro e o 5 de outubro respectivamente) ás 14h. O formulario de inscrición está accesible en:

https://www.dacoruna.gal/cultura/premios/ksado/formulario-inscricion-para-os-obradoiros/

Acceso á información completa