Obradoiro online "Usos e perigos das redes" de Asociación ARELAS

01 Set 2021

A Asociación ARELAS oferta o obradoiro online "Usos e perigos das redes" dentro do programa IMpúlsa-T. Un programa financiado pola Dirección Xeral de Xuventude, que busca mellorar a inclusión socio-laboral e o desenvolvemento integral dxs menores trans de Galicia fomentando a emancipación, a autonomía e o apoderamento persoal.

Este obradoiro está dirixido a mocidade trans de 14 a 20 anos residentes en Galicia, tratará os seguintes temas:

⁻ Uso e perigos das aplicacións de mensaxería instantánea e as redes sociais
⁻ Ciberacoso
⁻ Sexting
⁻ Grooming
⁻ Pegada dixital.
- Como e onde podo denunciar?

Se queres realizar este obradoiro online, solicita a túa praza no correo arelasasociacion@gmail.com

Máis información:
686160465/630337212
www.asociacionarelas.org

 

CARTAZ INFORMATIVO