Curso de cine eutopías: A procura do "bo lugar" no cinema

29 Xul 2021

Adoita pensarse a utopía como unha quimera, como unha proxección irrealizable desde un presente escuro cara a algún futuro mellor pero inalcanzable, unha ambivalencia entre o desexo e a imposibilidade da súa realización. Utopía é unha promesa, un bo lugar que non existe… aínda. Este curso achegaranos, desde o cinema, á procura da utopía individual- pero transferible- de autores como Charles Chaplin, Agnès Varda ou Carla Simón.

Programa

29 setembro. O HORIZONTE: Tempos modernos (Charles Chaplin, 1936)

6 outubro. O RECORDO (E A ANTICIPACIÓN) DO SUR: O sur (Víctor Erice, 1983)

13 outubro. A MEMORIA IMPOSIBLE: Que verde era o meu val (John Ford, 1941)

20 outubro. O PASADO RECUPERADO: As praias de Agnès (Agnès Varda, 2008)

27 outubro. O VELLO “NOVO MUNDO”: O novo mundo (Terrence Malick, 2005)

10 novembro. O SOÑO DO OESTE: First Cow (Kelly Reichardt, 2019)

17 novembro. A CASA FAMILIAR: Verán 1993 (Carla Simón, 2017)

24 novembro. A INFANCIA: O verán de Kikujiro (Takeshi Kitano, 1999)

1 decembro. O VERÁN: Aquel querido mes de agosto (Miguel Gomes, 2008)

15 decembro. A NATUREZA: Cara a rutas salvaxes (Sean Penn, 2007)

Horario: mércores de 19:00 a 20:30 h. Auditorio do CGAC

Persoas destinatarias: persoas interesadas no cinema
Prazas: 60
Matrícula: 30 €
Inscrición: ata o 27 de setembro de 2021 en cgac.educacion@xunta.gal indicando nome completo, DNI, estudos, área de traballo ou interese, un enderezo electrónico e un teléfono de contacto. Unha vez aceptada a solicitude, informarase as persoas rexistradas sobre como realizar o pago
Certificación: o CGAC expedirá un certificado a todas aquelas persoas que asistan, como mínimo, ao 70 % das sesións.

O curso será presencial. No caso de que o aforo do auditorio se vexa reducido pola situación sanitaria o curso pasará á modalidade en liña.

http://cgac.xunta.gal/GL/actividad-detalle/271/eutopias_gl