Bolsas Santander Skills-Upskill your Talent

27 Xul 2021

Banco Santander e Esade ofrecen un total de 2.500 bolsas dirixidas a maiores de 18 anos, para impulsar a túa carreira, desenvolvendo competencias en: Liderazgo, Creatividade, Produtividade Persoal, Influencia e Intelixencia Emocional, Negociación, Comunicación ou Resolución de Problemas Complexos e Tomas de decisións, dependendo do módulo escollido.
Os participantes poderán elixir un dos sete módulos de dixital training, dispoñibles en español, inglés e portugués.

Características do programa:
- Nº de prazas: 2.500
- Idiomas dispoñibles: inglés, portugués e español.
- Duración total: 6-8 horas, a realizar nun prazo máximo de 2 semanas
- Formato: en liña
- Certificado de aproveitamento: Ao completar a formación recibirás un certificado de Esade, acreditando os coñecementos adquiridos durante o programa, a condición de que se realice satisfactoriamente o 100% das tarefas e actividades.

Prazo: 21 de setembro de 2021.

https://app.becas-santander.com/es/program/becas-santander-skills-upskill-your-talent-esade