Cooperativas de Plataforma Xa!

01 Xul 2021

Se tés interese en deseñar e lanzar unha cooperativa de plataforma, ou en transformar a túa empresa neste modelo, apúntate á 3ª edición do curso "Cooperativas de Plataforma Xa!"

A seguinte edición comeza o 30 de Agosto.

Con este curso aprenderás a incubar unha Cooperativa de Plataforma Dixital. Paralelamente esta formación promove estratexias de construcción de "poder cooperativo" nas plataformas dixitais dentro da Economía Dixital. Aprenderás sobre o capitalismo de plataforma, a economía dos gig e a economía dixital cooperativa. Saber máis

Que son as cooperativas de plataforma?
As cooperativas de plataforma pretenden ofrecer unha alternativa ás economías de plataforma dixital. Os seus obxetivos: crear traballo digno, estruturas de decisión horizontais e tecer redes, basadas na copropiedade e a cogobernanza.

Que iniciativas hai en marcha como cooperativas de plataforma?
Algúns exemplos de cooperativas de plataforma son:
- CoopCycle: plataforma europea de software libre para ciclomensaxería, adicada unicamente a cooperativas para a xestión de entregas en bicicleta.
- Som Movilitat: proxecto que xestiona a movilidade en coche eléctrico.
- Fairmondo: mercado en liña para bens e servizos éticos (en Alemaña e Reino Unido)

Quen promove e colabora neste curso?
Cooperativas de Plataforma Xa! é un curso promovido pola Universidade de Mondragon – Mondragon Team Academy co Instituto para a Economía Dixital Cooperativa de The New School (Nova York)

https://espazo.coop/novas-do-coperativismo/cooperativas-de-plataforma-xa/