Voceiros Farixa, o equipo de Correspondentes do CIFP A Farixa estrea canle de podcast

12 Mai 2021

O equipo de Correspondentes xuvenís do CIFP A Farixa de Ourense estrea canle de Podcast.

Nesta aventura radiofónica o equipo de correspondentes busca difundir informacións de especial interese para a súa comunidade educativa dun xeito ameno e entretido.

A intención, se os estudos o permiten, é publicar un episodio por semana. Non vos perdades a vosa cita semanal coa información!!!

Tamén contan cun blog para difundir información.

podcast