O Instituto da Mocidade de España, Injuve, coa colaboración da Rede de Servizos de Información Xuvenil (RedSIJ), presenta un catálogo en liña de accións, proxectos e programas destinados ás persoas mozas no ámbito local e rexional. É o resultado da convocatoria de Experiencias Locais de Mocidade que o Injuve puxo en marcha este ano para recoñecer o labor das administracións locais e entidades do sector público no seu traballo con mozos.
As 111 experiencias que se recollen foron realizadas nos últimos anos ou se están levando a cabo polos distintos servizos de mocidade do noso país.
O obxectivo é facilitar o coñecemento de boas prácticas, compartir as metodoloxías empregadas nelas, e poñer en valor aspectos de innovación, co ánimo de que poidan ser reproducidas noutros ámbitos territoriais.
As experiencias recibidas foron agrupadas por áreas temáticas para facilitar a súa consulta:
http://www.injuve.es/conocenos/noticia/experiencias-locales-redsij-de-trabajo-con-jovenes