#Librosparasermoslibres

29 Abr 2021

As letras galegas toman as redes da man da Deputación da Coruña e da iniciativa #Librosparasermoslibres

Unha parte relevante das celebracións do 17 de maio do departamento de Cultura da Deputación da Coruña vai ter lugar nas redes sociais. Nesta axenda destaca unha nova edición de Libros para Sermos Libres, co-impulsada pola área de Normalización e co punto de vista posto na celebración e reivindicación do legado de Xela Arias (homenaxeada no Día das Letras) e, por extensión, na nosa lingua e na nosa cultura.

A iniciativa #Librosparasermoslibres difundirá a través da Rede contidos relacionados co mundo editorial dirixidos a fomentar a lectura en galego. A campaña recollerá en vídeo mensaxes de apoio de caras recoñecíbeis ao noso mundo editorial. Asemade, farase referencia aos distintos premios cos que a Deputación fomenta a creación na nosa lingua.

Ao abeiro de #Librosparasermoslibres, sortearanse bonos-libros que as e os internautas poderán utilizar en calquera libraría da provincia da Coruña que elixan.

Para entrar no sorteo dos bonos tes que enviar fotos ou micro-vídeos (máximo 1 minuto). As persoas participantes recomendarán unha obra en lingua galega coas etiquetas #fiestrasabertas e #librosparasermoslibres. Sortearanse 21 bonos-libros de 100 euros que as persoas gañadoras poderán empregar en calquera libraría da provincia da Coruña.

https://es-es.facebook.com/hashtag/librosparasermoslibres?epa=HASHTAG