Carné xove: sorteo dunha estancia nas Cabanas da Ulla

08 Abr 2021

Utilizas o Carné Xove? Presume do que mercas e gaña unha estancia dunha noite para dúas persoas, de sábado a domingo, nas Cabanas da Ulla sorteo2

Queremos saber para que usas Carné Xove.

Para participar tes que:

1. Subir unha Story a Instagram dalgún produto/servizo adquirido co desconto do Carné Xove
2. Utilizar o cancelo (hashtag) #CarnéXove, mencionar a @xuventudegalicia e indicar o nome do establecemento/marca onde fixeches a compra (se ten Insta, menciónaa tamén)
3. Facer captura da participación e enviala a @xuventudegalicia por mensaxería privada de Instagram.

Importante: poden participar aquelas persoas mozas galegas co Carné Xove vixente.

O sorteo realizarase o 29 de abril!!