Malia as restricións orixinadas pola pandemia, o equipo de Correspondentes do IES Saturnino Montojo de Ferrol continúa desenvolvendo actividades voluntariado que complementan o seu labor fundamental de antenas informativas.
O equipo de correspondentes xuvenís impulsamos e colaboramos nas diversas actividades que se realizan no noso instituto para fomentar a inclusión, a solidariedade e os proxectos interxeracionais tan importantes neste tempo de confinamentos.
Estes son algúns dos proxectos nos que nos implicamos:
- Actividades por mor do Día Internacional da muller
- Difusión da actividade de madriñas dos departamentos.
- Preparación da presentación sobre Mulleres STEM e faladoiro sobre a traxectoria desas mulleres.
- Vidoconferencia interxeracional sobre a evolución do rol da muller na sociedade desde o ano 45 á actualidade en colaboración coa sección de maiores de Afundación Abanca.
- Participación en clubs de lectura organizados polo equipo PLAMBE.
- Gravación e difusión de vídeos en TICTOC para contribuír a erradicar a violencia de xénero.
- Participación colaborativa no certame de lemas.
- Gravación de vídeos de TICTOC para dinamizar a lingua galega.
- Colaboración co facebook da biblioteca.
- Concurso de deseño de Superheroínas e superheroes.
- Gravación de vídeos en TICTOC para potenciar o uso correcto da lingua galega.
- Difusión e participación no certame de microrrelatos Carmela Loureiro.
- Participación e promoción dunha actividade interxeracional sobre Rosalía: poesía compartida."