Ruta do Cavaquinho: o son que conecta Braga con Ribadavia

24 Mar 2021

O festival de ukelele de Ribadavia, Ukp Day, presenta un proxecto audovisual que se centra na orixe portuguesa do instrumento.ukelele2

Ruta do Cavaquinho: o son que conecta Braga con Ribadavia é o titulo do documental musical que veñen de presentar esta semana na web e redes sociais do festival. Un proxecto que busca resaltar de maneira simbólica e creativa a conexión que se establece entre a cidade portuguesa de Braga, lugar de orixe do cavaquinho (posteriormente coñecido como ukelele) coa vila galega de Ribadavia, onde se realiza, desde hai 5 anos o Ukp Day, que ten como gran protagonista este popular instrumento.

A iniciativa foi realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.

O festival Ukp Day celébrase cada primeiro sábado de xuño no Castelo de Ribadavia. O ano pasado tiveron que cancelar por mor da COVID-19, este ano están a piques de presentar a nova edición adaptada á situación sanitaria actual.

O vídeo pode verse na súa web: www.ukpday.com

Enlace directo: https://ogatocosmico.wixsite.com/ukp-day/cavaquinho