Comité de Sabias

22 Mar 2021

O Comité de Sabias da Cátedra de Feminismos 4.0 da Universidade de Vigo nace para dar resposta a dúas cuestións urxentes.

A primeira: identificar cales son os retos da sociedade dixital para que as mulleres accedan a ela en condicións dignas e igualitarias.

A segunda: definir as accións que deben impulsarse para conseguir a igualdade real e efectiva de mulleres e homes no universo dixital.

Na súa páxina web coñecerás os seus obxectivos, composición, a súa declaracións fundacional e as súas propostas de acción para promover a incorporación e o papel das mulleres como creadoras de contidos dixitais e desenvolvedoras de tecnoloxía; e reverter, deste xeito, os nesgos de xénero na intelixencia artificial, na robótica, no big data, nas empresas emerxentes ou start-ups do eido tecnolóxico e científico.

As sabias

O Comité de Sabias está formado por 14 mulleres que son referentes nos seus respectivos ámbitos profesionais. Desde enxeñeiras de telecomunicacións, mecánica ou informática ata expertas en física e intelixencia artificial, os campos de actuación das integrantes do comité son moi diversos, incluíndo tamén a filósofas, matemáticas ou filólogas. Todas xuntas son unha mostra da presenza feminina nas carreiras STEM, con consolidadas traxectorias e autoridades nas súas materias. Todas suman a súa experiencia e coñecemento para orientar a posta en marcha de accións que impulsen unha maior visibilidade e participación das mulleres na ciencia e na tecnoloxía.

https://catedrafeminismos.gal/comite-sabias/