Ferramentas e Canais Dixitais para Impulsar as Vendas

11 Mar 2021

A Unión de Cooperativas EspazoCoop ten aberto o proceso de inscrición ao curso: Ferramentas e canais dixitais para impulsar as vendas. 

Datas: do 16 ao 30 de marzo de 2021

Horario e modalidade: a través da plataforma de teleformación da Unión de Cooperativas Espazocoop. Celebraranse tres sesións virtuais de aprendizaxe os días 16, 23 e 30 marzo (horario pendente de confirmar)

Duración: 15 horas

Destinatarios: Persoas socias e asalariadas de cooperativas afiliadas a EspazoCoop, outras cooperativas, empresas de economía social e público interesado en xeral.

Cota de matrícula:
Cooperativas socias de EspazoCoop, e cooperativas en proceso de constitución acompañadas por EspazoCoop e con compromiso de asociarse: 25€ por persoa
Cooperativas non socias e outras entidades da Economía Social vinculadas ás organizacións do FOROESGAL e / ou REAS Galicia: 50 € por persoa
Persoas interesadas non pertencentes a entidades anteriormente indicadas: 100 € por persoa

Obxectivos:

Atender as necesidades formativas na xestión empresarial e para a dirección e xerencia das cooperativas.
Mellorar os sistemas de dirección empresarial das cooperativas, mediante operativas adaptadas.
Divulgar boas prácticas, ferramentas e habilidades que permitan a mellora na xestión e sistemas de dirección.
Potenciar o coñecemento mutuo e intercambio das cooperativas participantes que permitan alianzas futuras.

Módulos formativo:

Módulo 1: Transformación dixital dos modelos de negocio
Módulo 2: Procesos de venda na era dixital
Módulo 3: Venda en cooperativas
Módulo 4: Marketing e comunicación dixital
Módulo 5: Analíticas. Big data.

Máis información e inscricións en eusumo.gal