8 M. Día internacional da Muller

08 Mar 2021


Igualdade resolveu a convocatoria do concurso de deseño do cartel do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller e no que participou alumnado de Educación CARTEL8M Infantil, Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e de Bacharelato e Formación Profesional cun total de 123 propostas de centros educativos de Galicia.

Na primeira categoría -dirixida ao alumnado de Infantil e de 1º a 4º de Educación Primaria-, o xurado premiou a proposta dos alumnos de 1º de Primaria do CPI O Progreso de Catoira en Pontevedra, que incluiu o lema Pasiño a pasiño en prol da igualdade. O segundo posto correspondeu aos rapaces e rapazas de 4º de Primaria do CEIP Benigno Quiroga Ballesteros de Lugo coa súa proposta Vacina en igualdade para facer camiño.

Na segunda categoría -entre os traballos presentados polo alumnado de 5º e 6º de Primaria e de 1º e 2º de ESO de centros galegos- resultou vencedor Séculos de loita para unha sociedade xusta, democrática e igualitaria do grupo de 1º da ESO do IES Carlos Casares de Vigo; mentres o segundo premio recaeu no grupo de 5º de Primaria do CEIP de Casás en Lugo polo cartel co lema Polas de antes, polas de agora, por todas.

Por outra parte, na terceira categoría - aberta ao alumnado de 3º e 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato, FP Básica, así como de ciclos de grao medio e superior - os participantes de 4º da ESO do CPR Santo Tomás do Porriño (Pontevedra) foron recoñecidos co primeiro premio pola presentación do cartel Abraza a igualdade seguidos, no segundo lugar, por Feminismo=igualdade, a proposta dunha das aulas de 4º da ESO do IES Plurilingüe de Elviña, da Coruña.