Meetings Formativos Oportunidades de Negocio

05 Mar 2021

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias, no marco da Rede Eusumo, organiza a actividade MEETINGS FORMATIVOS OPORTUNIDADES DE NEGOCIO.

Os obxectivos desta iniciativa son:
Promover, facilitar, favorecer e posibilitar o emprendemento de proxectos cooperativos en ámbitos agroalimentarios considerados como oportunidades de negocio.
Explicar as vantaxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias, de explotación comunitaria e de traballo asociado.
Impulsar a xeración de emprego cooperativo nos procesos de produción agraria e/ou gandeira entre os socios, socias e as súas familias.
Fomentar a fixación da poboación ao rural no contorno das cooperativas agroalimentarias, tanto de persoas socias, como de novos emprendedores.


Programación do mes de marzo: 

  • PRODUCIÓN DO TE GALEGO:
    Data: o 16 de marzo 2021
    Horario: 10:00 - 14:00 h
    Modalidade: en liña

 

  • CULTIVO DA CASTAÑA:
    Data: o 18 de marzo 2021
    Horario: 10:00 - 14:00 h
    Modalidade: en liña

 

A inscrición é gratuíta. Accede ao formulario de inscrición

Para máis información: 981584783 / agaca@agaca.com / www.agaca.coop