A Cámara de Comercio da Coruña organiza a súa VIII Feira de Emprego, en formato virtual, o próximo 4 de marzo.
Como nas anteriores edicións, está dirixida a empresas que teñen procesos de selección abertos e a mozos menores de 30 anos que non se atopen traballando nin estudando e que estean inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
A xornada está deseñada para que os mozos que se inscribiron poidan asistir tamén a seminarios e talleres nos que se abordarán estratexias útiles para participar en procesos de selección. Por unha banda, psicólogos, expertos en intelixencia emocional e consultores abordarán estratexias útiles para a procura de emprego. Por outra banda, profesionais de compañías destacadas de diferentes sectores participarán en talleres deseñados para axudar a mellorar a empregabilidade dos participantes.
Responsables de RR. HH de empresas con procesos de selección abertos, entrevistarán a aqueles mozos que o soliciten. Co fin de atender ao maior número posible de participantes, establecerase un máximo de 6 entrevistas por persoa.
Solicitude previa de entrevistas a partir de 1 de marzo.
Os mozos interesados poden inscribirse en www.feriaempleoacoruna.es ou solicitar información chamando ao 981 21 60 72, en horario de 9:00 a 14:00 horas.