Imaxes para mil versos desde Brión

19 Feb 2021

O Concello de Brión vai celebrar o Día de Rosalía (o 24 de febreiro) cunha semana de actividades nas redes sociais. Trátase do programa Imaxes para mil versos, que se vai desenvolver entre os días 22 e 28 nas comunidades online onde o Concello e a Biblioteca Municipal teñen presenza. O miolo das actividades será unha achega diaria de imaxes e textos de Rosalía así como vídeos breves sobre a súa vida e a súa obra.

Desde a OMIX de Brión convidan a toda a mocidade a participar na campaña e compartir algunha imaxe da autora, un texto ou un vídeo breve no que reciten algunha estrofa sobre Rosalía.

Para participar só é preciso compartir o vídeo, texto ou imaxe co cancelo #diarosaliaenbrion e citando á @bibliotecadebrion no Facebook ou a @bibliobrion no Twitter.


https://m.facebook.com/concellodebrion/photos/a.953400181400226/5076170312456505/?type=3&theater