A Deputación da Coruña aproba a convocatoria da líña de axudas PEL 2020 PEL RURINNOVA_Xuventude Emprendedora.
Estas axudas van dirixidas a persoas mozas da provincia da Coruña rexistradas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, empadroadas en concellos con poboación igual ou inferior 5.000 habitantes ou de 5.001 a 10.000 habitantes con saldo demográfico negativo, que promovan iniciativas empresariais de nova creación incorporadas ao réxime de autónomos como persoas físicas ou como persoas xurídicas desde o 1 de abril de 2019.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 30 de abril de 2021.
Máis información no BOP da Coruña do 21 de xaneiro de 2021