A Xefatura do Estado Maior do Exército convoca os Premios Exército para o ano 2021.
Os Premios Exército teñen por obxecto propiciar a creación artística e literaria referida ás múltiples actividades do Exército de Terra español no marco das Forzas Armadas, así como fomentar o coñecemento e a divulgación na sociedade da vida militar.
Poderán participar nos Premios Exército 2021 calquer persoa de nacionalidade española ou estranxeira.
Na disciplina de Ensino escolar poden participar centros docentes públicos e privados -concertados e non concertados- de Educación Primaria, Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e Formación Profesional situados en territorio nacional.
Modalidades: Pintura, Fotografía, Miniaturas Militares, Ensino escolar e Investigación en Humanidades e Ciencias Sociais.
Prazos:
A solicitude de participación pode presentarse ata o 1 de marzo de 2021
As obras presentaranse entre o 1 e o 26 de marzo de 2021
Premios:
Pintura
Pintura Xenérica: 1º Premio: 6.000 €, Trofeo e Diploma
Pintura Histórica: 1º Premio: 4.000 €, Trofeo e Diploma
Fotografía
Mellor serie: Premio: 3.000 €, Trofeo e Diploma
Mellor fotografía publicada nun medio de comunicación: 1º Premio: 1.500 €, Trofeo e Diploma.
Miniaturas Militares
Máster (Dioramas ou Viñetas): Premio: 3.000 €, Trofeo e Diploma
Máster (Figuras): 1º Premio: 2.000 €, Trofeo e Diploma
Máster (Materiais): 1º Premio: 2.000 €, Trofeo e Diploma
Estándar (Dioramas ou Viñetas): Premio: Placa e Diploma
Estándar (Figuras): Premio: Placa e Diploma
Estándar (Materiais): Premio: Placa e Diploma
Estándar (Miscelánea): Premio: Placa e Diploma
Ensino Escolar
Nivel A € Educación Primaria. Premio Nacional: 3.500 €, Trofeo e Diploma
Nivel B € Educación Secundaria. Premio Nacional: 3.500 €, Trofeo e Diploma
Nivel C € Bacharelato ou Formación Profesional de Grao Medio. 1º Premio Nacional: 3.500 €, Trofeo e Diploma
Investigación en Humanidades e Ciencias Sociais
Investigación gran formato: Premio: 6.000 €, Trofeo e Diploma
Investigación abreviada: Premio: 3.000 €, Trofeo e Diploma
Máis información: http://www.ejercito.mde.es/premios-ejercito