Telo Na Man Conecta - formación para o emprendemento

30 Dec 2020

Telo na man Conecta e un programa formativo gratuito cofinanciado polo FSE a través da convocatoria Empleaverde da Fundación Biodiversidade pertencente ao Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto demográfico. Ten como obxectivo impulsar a creación de ideas, proxectos ou propostas que cren riqueza na nosa contorna poñendo en valor os recursos naturais dos que dispoñemos.

Realizaránse 3 tipos de accións:

1-Formación: Desenvolvemento do liderado participativo para a xeración de procesos de Cambio e Oportunidades de Emprendemento verde e azul. 40 horas de formación presencial e experiencial onde coñeceremos os recursos naturais da nosa contorna e traballaremos as competencias emprendedoras a través das habilidades brandas do liderado participativo.

2- Asesoramento: Para o desenvolvemento de modelos de negocios sostibles e competitivos que xeren beneficios ambientais, sociais e financeiros. 10 horas individualizadas e 5 horas grupais.

3- Estancia Formativa en Italia: Na que buscamos coñecer, establecer contactos e construír unha rede Europea de persoas emprendedoras con competencias de liderado e emprendemento que contribúan ao crecemento sostible e á xeración de riqueza en Europa. 3 días de duración; os gastos de desprazamento e aloxamento correrán a cargo do proxecto.

Actividades convocadas:

- Desenvolvemento do liderado participativo para a xeración de procesos de Cambio e Oportunidades de Emprendemento verde e azul, terá lugar en A Coruña con datas: 11-22 xaneiro de 2021.


- Asesoramento para a creación de empresas verdes ou azuis. terá lugar na Coruña entre o 1 de febreiro e 15 de marzo de 2021.

Inscicións en: telonaman@medatlantia.eu

Mais información: https://medatlantia.eu/telonaman_conecta