Premios da modalidade de Videocreación de Xuventude Crea 2020

30 Nov 2020

A Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado premiou o talento das mozas e mozos que participaron no programa Xuventude Crea, na súa modalidade de Videocreación. Os gañadores foron Carlota Álvarez, do Porriño, pola súa obra Zafirada; Luis Xavier do Rego, de Santiago, pola obra Raíces, e o terceiro premio compárteno os coruñeses Hugo Vales con O fin dos nosos días e Andrés Sanjurjo con Sen título. Ademais, faise unha mención de honra á obra Aves migratorias de Ariadna Cordal, procedente de Cambados.

A directora xeral de Xuventude, Cristina Pichel, participou na final desta especialidade, que tivo lugar no Centro Galego de Artes da Imaxe, na cidade da Coruña. Alí destacou a implicación e o enxeño dos participantes que cada ano achegan obras de gran calidade e que demostran a creatividade da xuventude galega.

23