Queres facer un libro coas vivencias e experiencias dos teus avós?

23 Nov 2020

Afundación, a Obra Social de ABANCA, pon en marcha, en colaboración con  Envita, o seu novo programa +60, «Historias vividas», un proceso de revisión e reflexión sobre as traxectorias vitais das persoas participantes que utiliza unha plataforma  online para reunir os relatos e experiencias de toda unha vida, que posteriormente se recollerán nun libro.  

A iniciativa enmárcase dentro do programa da entidade «O valor da experiencia», que ten como obxectivo poñer en valor a experiencia vital e profesional das persoas maiores, e do que forman parte os proxectos interxeracionais «Fálame da emigración» e «Falemos da escola». As persoas interesadas no programa, que ten unha duración dun ano, poden inscribirse na web Historias vividas e realizar calquera consulta na rede  Espazos+60.

https://www.afundacion.org/es/historias-vividas