Premios da modalidade de Cociña de Xuventude Crea 2020

23 Nov 2020

Resolveuse a fase final do programa Xuventude Crea 2020 na especialidade de Cociña, que tivo como escenario o mercado de abastos de Santiago de Compostela.
Nesta edición presentáronse un total de 12 pratos —o que supuxo triplicar a participación do ano pasado— e dos cales seleccionáronse como finalistas un total de seis pratos, cinco de candidaturas individuais e unha de parella.

O primeiro premio foi para Shewitz Pérez Izaguirre Martínez co prato Brisa Mariña, Andrea Maseda Prado e Miguel Morán conseguiron o segundo premio coa Crema de ortiga e grelo, aire de rustido e crocante de filloa de Muimenta, mentres que o terceiro foi para Javier Lojo co prato Canelón e vieiras e maniñas de porco celta con bechamel de queixo de tetilla e trompetas dos mortos.

123