O programa Girl STEM entrevista a Dhaunae de Vir e Gisela Vaquero, mulleres referentes na industria dos videoxogos

20 Nov 2020

O programa de actividades Girl STEM, impulsado por AGASOL e AMTEGA para botar abaixo estereotipos e desigualdades de xénero no ámbito das novas tecnoloxías da información, entrevista esta semana coas intervencións de dúas expertas no eido dos videoxogos e deportes electrónicos: por unha banda Dhaunae de Vir, desenvolvedora de negocio transmedia, e pola outra Gisela Vaquero, deseñadora e guionista de videoxogos.

As dúas forman parte do movemento Women in games, que axuda, promove e dá visibilidade ás mulleres desenvolvedoras e xogadoras de videoxogos, tanto estudantes, afeccionadas coma profesionais.

A entrevista realizada por Luz Castro, fundadora da Asociación Galega de Videoxogos, analiza cal é a posición das mulleres neste crecente negocio e as medidas que é preciso adoptar para evitar que queden excluídas deste ámbito.

https://amtega.xunta.gal/nova/o-programa-girl-stem-entrevista-a-dhaunae-de-vir-e-gisela-vaquero-mulleres-referentes-na