Como sería o ensino si tes que quedar na casa?

03 Nov 2020

O Plan de ensino virtual ante a covid-19 estrutúrase arredor de cinco liñas de actuación:
- o funcionamento en horario espello (similar ao do ensino presencial empregando ferramentas de comunicación e aulas virtuais)
- as instrucións no caso de peche ou confinamento
- a distribución de medios informáticos en función das necesidades para o seguimento da actividade lectiva
- a avaliación e control do alumnado
- a realización de accións formativas para o ensino a distancia.

Carga lectiva e tempos de descanso
Para desenvolver o horario espello cada centro elaborará un horario para a docencia a distancia similar ao do ensino presencial. Deste xeito, no caso de ter que pasar ao escenario de ensino virtual, poderíase seguir un esquema de seguimento das materias moi similar ao das clases presenciais.

Esta programación respectará a carga lectiva de cada materia e distribuirase de tal forma que un mínimo do 60% se centre na docencia virtual e o 40% se destine á realización de tarefas e actividades por parte do alumnado. Así mesmo, respectaranse os tempos de descanso dos estudantes.

Comunicación coas familias
O plan establece o protocolo a seguir no caso de que se decrete o peche ou confinamento do alumnado, segundo o cal o mesmo día do peche a dirección deberá enviar unha comunicación a través de aplicación abalarMóbil e publicar unha nova na web do centro.

Así mesmo, habilitaranse de inmediato na aula virtual do centro os recursos e actividades iniciais e trasladarase orientación ás familias. A partir dese momento, o alumnado e profesorado conectarase á aula virtual e á plataforma de videoconferencias para seguir as clases segundo o estipulado no horario espello.

Reparto dos dispositivos electrónicos
O plan recolle, así mesmo, pautas para o reparto dos dispositivos electrónicos que a Xunta de Galicia pon a disposición do alumnado máis vulnerable. Os dispositivos serán entregados no centro educativo, que os repartirá ás familias coa maior celeridade.

Actividade lectiva a distancia
1. A actividade lectiva non presencial será impartida polo profesorado ordinario do alumnado a través das ferramentas dispoñibles:
- Plataforma de videoconferencia institucional  que permite a interacción en tempo real, compartir contidos e a realización de exercicios
- Aula virtual:  espazos dixitais de traballo que permiten dispoñer dun espazo web online para organizar os contidos das unidades didácticas
Durante o peche ou confinamento o profesorado poderá impartir docencia no seu centro educativo ou no seu domicilio, no caso de dispoñer dos medios adecuados para realizar o servizo
2. O profesorado e o alumnado do grupo deberán conectarse á hora que se establece no cadro horario. O momento da conexión debe establecerse coa antelación suficiente para o aproveitamento do período lectivo
3. As tarefas para o alumado asemellaranse o máximo posible ao sistema presencial, respectando o seu dereito ao lecer e ao descanso

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20201102planensinovirtual.pdf