Desde o Proxecto LIBERA dannos a oportunidade de colaborar nunha das actividades promovidas polo barco museo ecoactivo Mater.
Unha formación especial a través de varias sesións onde se creará un espazo de reflexión e capacitación cidadá para impulsar procesos de transición ecolóxica desde e para as comunidades.
Esta acción formativa está dirixida a persoas comprometidas co medioambiente que queren promover cambios de hábitos máis sostibles nas súas comunidades.
O obxectivo desta formación é capacitarse para poder desenvolver accións de concienciación que impulsen a creación de grupos de acción local (ecopatrullas) en cada caso.
A FORMACIÓN: consiste en 5 sesións online. As sesións terán lugar durante o mes de novembro e é imprescindible asistir a todas para poder completar a formación.
RESULTADOS: a idea é que, tras finalizar esta formación, se poida desenvolver estas accións de concienciación nas nosas comunidades. Estas accións deberán realizarse en 2021 e contarán coa axuda do equipo Mater para facer seguimento e asesorar no seu desenvolvemento.