(Re)inventando Carvalho Calero

26 Out 2020

O Concello de Sada convoca o concurso de microrrelatos “(re)inventando Carvalho Calero”, para a celebración adiada do Día das Letras Galegas e para o fomento da creación literaria na modalidade de narrativa breve en galego.

Este concurso literario está aberto a toda a comunidade, sen límite de idade.
As persoas que quixeren participar poderán crear un microrrelato inspirado na obra literaria deste autor.
As obras serán de tema libre e terán unha extensión máxima de 250 palabras, incluíndo neste total o número de palabras do fragmento escollido. Presentaranse en formato .pdf e deberán estar escritos con espazo duplo e cunha fonte de 12 puntos de tamaño.
Só se admitirán textos escritos en galego.
Todos os traballos deberán ter un título.
Os microrrelatos deberán conter un fragmento procedente dunha obra narrativa de Carvalho Calero

As persoas concursantes deberán escoller un dos texto das base para comezar o seu relato.

Categorías:
1ª Categoría (até os 13 anos)
- Premio único: un eBook e un lote de libros infanto-xuvenís
2ª Categoría (dos 14 aos 17 anos)
-Premio único: un eBook e un lote de libros
3ª Categoría (18 anos ou máis)
- Premio único: un eBook e un lote de libros

O prazo para a presentación dos textos estará aberto ata o 25 de novembro de 2020

Máis inforamción no BOP da Coruña do 26 de outubro de 2020