A mocidade ante o 8M

26 Out 2020

O Departamento Confederal de Mocidade USO lanza a terceira edición do concurso de curtos “A mocidade ante o 8M”. O concurso está pensado para que todos os mozos e mozas de 16 a 35 anos poidan dar o seu punto de vista, a través dunha curtametraxe, sobre a loita das mulleres pola igualdade dos seus dereitos e oportunidades.

As curtas presentadas versarán sobre temas relacionados con micromachismos, feminismo, teito de cristal, igualdade de oportunidades... ou baixo a idea "A mocidade ante o 8M"

Os traballos, que se poderán presentar ata o próximo 14 de febreiro de 2021, deberán ter unha duración máxima de 150 segundos.

Cada concursante pode enviar un máximo de dúas curtametraxes. Deberán facelo á dirección de correo electrónico juventud@uso.es

Haberá un primeiro premio de 300€ e dous accésits de 100€ cada un

https://www.uso.es/wp-content/uploads/2020/03/BASES-III-CONCURSO-DE-CORTOS-2021.pdf