Certame de narracións breves “Manuel Murguía”

20 Out 2020

O Concello de Arteixo convoca o 30º Certame de narracións breves “Manuel Murguía”

Poderán concorrer todas as autoras e autores que o desexen cunha única obra, de temática libre e escrita en lingua galega.

Os relatos, que deberán ser orixinais e inéditos, en calquera soporte (papel, electrónico, etc.), deberán ofrecer unha extensión non inferior a 15 páxinas nin superior a 30, estar escritos con letra arial, corpo 12 e tamaño DIN A4

Os traballos presentaranse por cuadriplicado e incluirán unicamente na portada o título da obra e un lema ou
pseudónimo. Xuntarase unha copia do texto nunha memoria USB ou CD en formato LibreOffice, Word ou similar. Nun sobre pechado achegaranse o título, o lema, o nome, o enderezo, o teléfono e o currículo do autor ou autora.

As obras deberán enviarse facendo constar no sobre “30º Certame de Narracións Breves Manuel Murguía” antes do 28 de febreiro de 2021 ao seguinte enderezo:

Concello de Arteixo
Praza Alcalde R Dopico 1
15142 Arteixo
A Coruña

Establécense tres premios: un primeiro premio dotado con 4.000 €, un segundo de 2000 € e un terceiro de 1000 €.
As tres persoas finalistas deberán estar presentes o día 14 de maio de 2021 no acto de entrega para recibir os premios.

Máis información no BOP da Coruña do 20 de outubro de 2020
http://www.arteixo.org/