Web do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos

02 Out 2020

O Consello da Cultura Galega pon en marcha a páxina web do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos.

O arrinque deste novo sitio en liña coincide de xeito significativo coa celebración, o 1 de outubro, dos 89 anos da aprobación do dereito das mulleres ao voto.
En palabras da presidenta do consello, Rosario Álvarez, trátase dun arquivo que, amais de inventariar, documentar, preservar e dispoñer os fondos, quere actuar como incitador á reflexión, divulgador e dinamizador da sociedade galega.

Desde o CDIF buscase iniciar traballos que contribúan á incorporación plena das mulleres na historia, na ciencia, na arte, nos medios de comunicación, nas formas da fala, na Galicia interior e na exterior a través de informes, recursos e materiais que “non asuman representacións tópicas, idealizadas ou ideoloxizadas da muller galega e que reflictan as realidades plurais vividas polas mulleres galegas”.

http://consellodacultura.gal/area2.php?arq=3192