Equipo Europa xurdiu a partir da Campaña #EstaVezVoto, impulsada polo Parlamento Europeo, co obxectivo de promover a participación electoral nas Eleccións europeas.
Ao comezo da campaña, eran só sete mozos madrileños, mais, en pouco tempo, multiplicáronse os seguidores en redes sociais e moitos mozos apuntáronse a ser Informadores Europeos en toda España. Déronse conta, daquela, de que debían continuar.
Deste xeito, un grupo de voluntarios da campaña, impulsados polo seu interese na UE, decidiron constituírse formalmente como equipo para promover non só as Eleccións Europeas do 2019, senón tamén a UE en sí mesma.
Equipo Europa conta con 12 delegacións rexionais, 600 socios dentro e fóra de España e 2800 seguidores en redes sociais.
A súa misión como asociación pasa por achegar a UE á xuventude e promover a participación política da mocidade.
Así, baixo o marco de valores como o europeísmo, o apartidismo e a participación, promove eventos, campañas e programas, que perseguen activamente a inclusión de todos/as socios/as que queiran manterse activos.
Dende cursos de verán ata iniciativas para concienciar sobre o medio ambiente, pasando por eurodebates e almorzos con todo tipo de relatores/as.
Se tes entre 14 e 30 anos, e queres descubrir cómo a túa voz conta en Europa, preme nos enlace para descubrir cómo formar parte desta asociación:
https://equipoeuropa.org/unete/
As inscricións a novos socios/as estarán abertas ata o día 30 de setembro. Bule!!