Premios Estratexia NAOS

18 Set 2020

A Axencia Española de Consumo convoca a edición 2020 dos Premios Estratexia NAOS, que pretende impulsar as iniciativas que entre os seus obxectivos básicos fomenten a prevención da obesidade e outras enfermidades crónicas derivadas, a través dunha alimentación saudable e a práctica regular de actividade física.

Modalidades

Premio Estratexia NAOS á promoción dunha alimentación saudable no ámbito familiar e comunitario: iniciativas que se distinguisen pola súa capacidade para inculcar hábitos alimentarios saudables na poboación.

Premio Estratexia NAOS á promoción da práctica de actividade física no ámbito familiar e comunitario: iniciativas que se distinguisen pola súa capacidade para promover a práctica de actividade física na poboación.

Premio Estratexia NAOS á promoción dunha alimentación saudable no ámbito escolar: iniciativas que se distinguisen pola súa capacidade para inculcar hábitos alimentarios saudables entre os escolares dos centros de ensino infantil, primario e secundario, tanto a través de actividades realizadas na aula como extraescolares.

Premio Estratexia NAOS á promoción da práctica de actividade física no ámbito escolar: iniciativas que se distinguisen pola súa capacidade para promover a práctica de actividade física entre os escolares dos centros de ensino infantil, primario e secundario, tanto a través de actividades realizadas na aula como extraescolares.

Premio Estratexia NAOS no ámbito sanitario: iniciativas que se distinguisen pola súa capacidade para implantar medidas de detección precoz do sobrepeso e a obesidade e inculcar hábitos alimentarios saudables e a práctica regular de actividade física na poboación, a través do persoal de centros e servizos de saúde de calquera titularidade, oficinas de farmacia ou calquera outro centro ou institución sanitaria.

Premio Estratexia NAOS no ámbito laboral:  iniciativas que se distinguisen pola capacidade para inculcar hábitos alimentarios saudables, promover a práctica regular de actividade física ou ambos os dous, entre os empregados do centro de traballo.

Premio Estratexia NAOS á iniciativa empresarial:  iniciativas desenvolvidas por empresas alimentarias que se distinguisen por facilitar a adopción de hábitos alimentarios saudables entre a poboación mediante melloras na composición de produtos, e/ou na información subministrada na etiquetaxe e/ou na publicidade e mercadotecnia dos seus produtos e/ou a práctica regular da actividade física.

Premio Estratexia NAOS de especial recoñecemento:  será outorgado, por proposta das distintas administracións públicas españolas cuxa actividade estea relacionada cos obxectivos da citada estratexia, a aquelas persoas ou institucións cuxa traxectoria destacase pola súa dedicación á promoción da alimentación saudable ou a estimular a práctica de actividade física entre a poboación, como obxectivos básicos daquela.

Requisitos:
Poderá concorrer a estes premios calquera persoa física, agrupación con ou sen personalidade xurídica, organización social e empresarial, institución, administración pública e calquera outra entidade pública ou privada que iniciase ou desenvolvese algún proxecto, programa, actividade ou plan innovador coincidentes cos obxectivos da Estratexia NAOS

Dotación dos premios:
Ningunha modalidade dos Premios ten asignada dotación económica.
Cada un dos gañadores dos Premios Estratexia NAOS recibirán un trofeo e diploma acreditativos do premio.
Os accésits recibirán un diploma acreditativo do mesmo.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 29 de decembro de 2020.
Máis información no BOE do 18 de setembro de 2020 e en http://www.aecosan.msssi.gob.es/AECOSAN/web/nutricion/seccion/Premios_NAOS.htm