Bolsas MEC 2020-2021 para estudos postobrigatorios (Universitarios e non Universitarios)

24 Set 2020

O Ministerio de Educación convoca bolsas para cursar os seguintes estudos:

1. Ensinos postobrigatorios e superiores non universitarios:
  a) Primeiro e segundo cursos de Bacharelato.
  b) Formación Profesional de grao medio e de grao superior, incluídos os estudos de Formación profesional realizados en Centros Docentes Militares.
  c) Ensinos artísticos profesionais.
  d) Ensinos deportivos.
  e) Ensinos artísticos superiores.
  f) Estudos relixiosos superiores.
  g) Estudos de idiomas realizados en escolas oficiais de titularidade das administracións educativas, incluída a modalidade de distancia.
  h) Cursos de acceso e cursos de preparación para as probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para o acceso aos Ciclos Formativos de grao medio e de grao superior impartidos en centros públicos e en centros privados concertados que teñan autorizadas ensinos de Formación Profesional.
  i) Formación Profesional básica.

2. Ensinos universitarios:
  a) Ensinos universitarios adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior conducentes a títulos oficiais de Grao e de Máster, incluídos os estudos de Grao e Máster cursados nos centros universitarios da Defensa e da Garda Civil.
  b) Curso de preparación para acceso á universidade de maiores de 25 anos impartido por universidades públicas.
  c) Complementos de formación para acceso ou obtención do título de Máster e créditos complementarios para a obtención do título de Grao.

Os prazos para presentar a solicitude:
15 de outubro de 2020, inclusive, para os estudantes universitarios.
1 de outubro de 2020, inclusive, para os estudantes non universitarios.

A solicitude de bolsa farase a través da páxina web www.educacionyfp.gob.es  mediante formulario online, picando no enlace "Acceso ao servizo online" que figura na parte superior desta páxina

Máis información no BOE do 8 de agosto de 2020 e en
http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/bachillerato.html

http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/universidad.html