A nosa life story

17 Xul 2020

Baixo o título A nosa life story e con este enderezo: https://anosalifestory.blogspot.com inicia o blog que decide abrir un grupo de persoas usuarias do Proxecto Innovador de Autonomía Persoal que desenvolve COGAMI nas instalacións do CEGADI de Santiago, para mellorar e posibilitar a inclusión das persoas con discapacidade física e/ou orgánica que precisen de apoios  para unha recuperación funcional e promoción da autonomía persoal,

Tralo decreto de estado de alarma, as persoas usuarias do proxecto empezaron a quedar para participar en videochamadas nas que interactuaban falando das inquedanzas que sentían e nas que tamén se traballaban as habilidades sociais e relacións interpersoais. É a partir de aquí cando xorde a idea de abrir este blog, no que poden expresar e escribir os temas que lles preocupan, as afeccións que teñen, as súas experiencias, rutinas,...

Os nomes que saen publicados son ficticios, elixidos por cada unha das persoas participantes e os textos que publican son previamente revisados polas psicólogas do programa que supervisan e asesoran.  

Aínda que o blog xorde tralo confinamento, a idea é que continúe, para que sigan expresando todo aquelo que lles conmova no seu día a día.

https://anosalifestory.blogspot.com