Sentidiño na Rede

28 Mai 2020

Desenvolver e difundir unha serie de contidos formativos e informativos, dirixidos ás familias e centrados en promover un uso seguro de internet por parte das e os menores, así como amosar tamén a pais e nais as oportunidades que achega a rede, ese é o obxectivo central de Sentidiño na rede, que levou a cabo o grupo Cies (Colaboración, Innovación e Investigación para a Equidade Socio-educativa), integrado por investigadores e investigadoras da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra e da Facultade de Ciencias da Educación de Ourense.

https://proyectoriies.com/proyecto/sentidino-na-rede/