Minidocumentais Etnográficos

20 Mai 2020

A Fundación Carmen Arnau Muro convoca un concurso de Minidocumentais Etnográficos

A temática deberá versar, desde uns valores de solidariedade, tolerancia, cultura da paz e compromiso de igualdade de xénero, sobre modos de vida, tradicións, oficios, artesanías, economía sostible, respecto ao medio ambiente e os seres vivos, é dicir todos os aspectos da diversidade da cultura humana que preocupan nos nosos días.

Os minidocumentais etnográficos non serán anteriores ao 2016.
A duración máxima de cada minidocumental, deberá ser de 12 minutos.
A quen estea interesado/a en participar no concurso, para inscribirse deberá elixir entre unha das seguintes modalidades:
1. Inscribirse o minidocumental en MINIDOC VII a través das plataformas:
www.clickforfestivals.com 
www.festhome.com 
2. En caso de ter o minidocumental aloxado nalgunha páxina Web, enviar a dirección URL correspondente a través de E-mail, á seguinte dirección de correo electrónico da Fundación: info@fundacioncarmenarnaumuro.org

Os documentais presentados a concurso exhibiranse unicamente con fins didácticos, sen ánimo de lucro, no propio museo ou onde a fundación leve a cabo algunha actividade.
Os orixinais serán en español. Se fosen noutros idiomas, deberán estar subtitulados ao español.

Premios
300 €, trofeo e diploma ao documental en relación coa paz.
300 €, trofeo e diploma a un traballo solidario
300 €, trofeo e diploma relativo ao home e a natureza
300 €, trofeo e diploma contra a violencia de xénero
300 € e diploma a temática Siberia ou Asia Central

A fundación farase cargo dos gastos de estancia e manutención (13 de novembro do 2020) dos autores gañadores (dúas persoas por minidocumental seleccionado).

O prazo de presentación será ata o 11 de outubro 2020.

https://www.fundacioncarmenarnaumuro.org/minidoc.htm