O Concelllo de Sntiago convoca 4.000 novas prazas de formación online
Esta convocatoria conta dúas importantes novidades. A primeira, a formación mobile learning, cunha serie de cursos, que suman 3.200 prazas, optimizados para facelos 100% dende o móbil e que teñen como obxectivo facilitar o acceso de máis persoas as actividades formativas. E a segunda, unha acción formativa sobre COVID-19, coñecementos que, presumiblemente, cada vez serán máis demandados en distintos sectores económicos, entre eles a hostalería e o comercio.
Idiomas
Cursos de idiomas, centrados en inglés, con múltiples módulos específicos de inglés no ámbito profesional; ampliando tamén a oferta a outras linguas como portugués, alemán, francés, italiano ou ruso.
Hai un total de 427 prazas dispoñibles neste bloque.
Cambio dixital
Neste bloque de 13 cursos poténciase o impulso da transformación social e dixital destinado a empresas e profesionais independentes en seccións como cultura dixital, diversidade e inclusión, fundamentos de negocio e benestar emocional. Trátase de cursos optimizados para mobile learning, compatibles con todos os dispositivos que contarán con 3.200 prazas dispoñibles.
Competencias profesionais
Neste bloque, as persoas usuarias dispoñen dun total de 315 prazas en 20 categorías de alta demanda no mercado laboral actual, como son informática, programación, sanidade, enerxía, saúde e nutrición ou o turismo
Prazo: A inscrición xa está aberta e finalizará en canto acaben as prazas dispoñibles.