O Museo da Catedral de Santiago presenta o seu catálogo dixital, xa dispoñíbel na súa páxina web.
Dixitalizáronse 75 recursos patrimoniais da catedral de Santiago, entre eles algúns tan senlleiros como o parteluz do Pórtico da Gloria, o conxunto de sepulcros do Panteón Real, o fondo de escultura románica, os restos arquitectónicos e escultóricos da fachada exterior do Pórtico da Gloria ou do Coro pétreo do Mestre Mateo, ou as pezas máis destacadas do tesouro.
Trátase dun “proxecto multidisciplinar”, de aplicación das novas tecnoloxías ao patrimonio cultural, no que participaron historiadores da arte, informáticos, fotógrafos, deseñadores dixitais, etc. impulsado pola Fundación Catedral de Santiago e que contou coa colaboración da Xunta de Galicia
https://www.museocatedraldesantiago.es/apartados-tematicos-2/