ABAU: modificacións

06 Mai 2020

No DOG do 6 de maio de 2020 publícanse instrucións para a realización da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) para o curso 2020/21.

- Realizarase unha proba por cada unha das materias obxecto de avaliación.

- O exercicio de cada materia será único e determinado por sorteo público pola CiUG a partir de, cando menos, catro propostas presentadas por cada director ou directora do grupo de traballo da materia correspondente. Non haberá anulación da proba como primeira resolución, senón suspensión e/ou aprazamento dun determinado exercicio, sempre que se dea o caso.

- En cada proba, o alumnado disporá dunha única proposta de exame con varias preguntas.

Na elaboración da proba terase en conta que o número de preguntas que deba desenvolver o alumno ou alumna se adapte ao tempo máximo de realización da proba, incluíndo o tempo de lectura desta.

O alumno ou alumna terá que responder, á súa elección, a un número de preguntas determinado previamente. O citado número de preguntas fixarase de forma que permita a todos os alumnos alcanzar a máxima puntuación na proba, con independencia das circunstancias en que este puider ter acceso ao ensino e á aprendizaxe durante a suspensión da actividade lectiva presencial. Para realizar o número máximo de preguntas fixado, todas as preguntas deberán ser susceptibles de seren elixidas.

- En cada unha das probas procurarase considerar polo menos un elemento curricular de cada un dos bloques de contido, ou agrupacións destes, que figuran na matriz de especificacións da materia correspondente. Polo menos o 70 % da cualificación de cada proba deberase obter avaliando estándares de aprendizaxe seleccionados entre os definidos na matriz de especificacións da materia correspondente

https://ciug.gal/gal